I Torneo Internacional Sub-16 Bergantiños Football Cup 2025

Ligazóns directas! Chega con forza a celebración do I Torneo Internacional Sub-16 Bergantiños Football Cup 2025 que se celebrará do 5 ao 7 de Septembro de 2025.

A través da seguinte ligazón tes todos os enlaces directos dos partidos e ademáis podrás suscribirte a noticias e actualizacións do torneo.

Do 5 ao 7 de septembro de 2025, no Estadio Municipal As Eiroas de Carballo acoxerá o I Torneo Internacional Sub-16 Bergantiños Football Cup, unha cita deportiva que reunirá a algúns dos clubes máis importantes do panorama nacional e internacional.

Entre os equipos participantes se encontran o FC Barcelona, Atlético de Madrid, FC Porto, Athletic Club de Bilbao, Valencia CF, Real Sociedad, RC Celta, RC Deportivo de La Coruña, FC Bergantiños e a academia xaponesa Next Japan. Un cartel de luxo que garantiza tres días de fútbol de alto nivel na Costa da Morte.

Este torneo nace coa vocación de convertirse nun referente para as categorías inferiores, combinando deporte, convivencia e proxección internacional nun evento único organizado en Carballo.